| EN PRIMEIRO PLANO |
Xa está en marcha a actividade do alumnado

Cerca de 17.000 alumnos participades este ano na actividade Conectando mundos. Estamos encantados con tantas inscricións e esperamos que esteades moi animados e que non perdamos ninguén polo camiño! ;-)
Lembrade que para acceder á actividade só podedes facelo co nome de usuario e contrasinal que vos foi proporcionado.
Ao longo de sete semanas, do 8 febreiro de ao 21 de marzo, traballaremos conxuntamente. É fácil que vos poida xurdir algunha dúbida ou pequeno problema.
Evidentemente, xa sabedes que estaremos encantados de vos axudar.
Lembrade, o noso enderezo de correo electrónico é info@conectandomundos.org
Até a próxima!,
Equipo Conectando mundos
Conectando mundos, Soños de andoriña

Baixo o título Soños de andoriña, centrarémonos nas migracións e o desenvolvemento humano, desde unha concepción de cidadanía global, co obxectivo de contribuír para a construción dunha sociedade respectuosa coas persoas de distintas procedencias.
As tres primeiras semanas de actividade estarán dedicadas ao profesorado, para que descubra cómo funciona a plataforma de Conectando mundos e coñeza previamente os contidos que traballaremos cos alumnos e alumnas.
A actividade co alumnado desenvolverase a partir do día 8 de febreiro, ao longo de seis semanas. Os alumnos e alumnas dos centros inscritos traballarán as propostas na aula e posteriormente a través da rede con outros grupos de estudantes de distintos países, organizados en equipos de traballo da mesma faixa de idade.
O obxectivo deste traballo cooperativo é que os alumnos e alumnas observen diferentes formas de entender o mundo e saiban debater e obter puntos de encontro tanto cos seus compañeiros e compañeiras en Internet, como cos da súa propia aula.
A principal novidade para este ano será o encerado 2.0, a rede social de Conectando mundos. Nas edicións anteriores, xa dispúñamos dun espazo para o intercambio informal entre alumnos e alumnas, mais, grazas ás ferramentas web 2.0, este espazo, que permanecerá aberto despois de concluír a actividade, permitirá unha maior interacción entre os grupos, que poderán crear un blog, compartir vídeos e fotografías, etc.
Finalmente, entre os meses de abril e maio, realizaremos os encontros presenciais.

