EN PRIMEIRO PLANO
Usuario Contrasinal

Uns 17.000 participaron na VII edición de Conectando mundos

Conectando mundos pecha esta VII edición co convencemento de ter traballado intensamente o tema das migracións e o desenvolvemento humano.

Nun momento de mudanzas e movemento no mundo da educación, Conectando mundos conseguiu durante 7 semanas que uns 17.000 alumnos e alumnas de distintos países participasen nunha actividade telemática e educativa.

Mediante a participación e o intercambio entre alumnos e alumnas de diferentes realidades culturais, económicas e sociais reflexionaron desde unha concepción de cidadanía global, co obxectivo de contribuír para a construción dunha sociedade respectuosa coas persoas de distintas procedencias.

Conectando mundos, grazas ao profesorado e aos alumnos y alumnas, converteuse máis unha vez nunha plataforma para aprender a tomar decisións de forma colectiva e a respectar as opinións alleas.

Como sempre, se necesitades contactar connosco estamos á vosa disposición en info@conectandomundos.org
;-)





espais © 2009/10 conectandomundos.org