Conectando mundos

Secundaria (12-17 anos) A grande asemblea

A desigualdade entre ricos e pobres no año 2587 é abismal, tanto que nin sequera conviven nun mesmo lugar, xa que a moi minoritaria clase adiñeirada vive illada do resto da poboación.

Os protagonistas desta historia, Koldo e Aisha, tentan mudar esta situación: mentres Koldo defende a idea de construír un novo mundo máis xusto en Lunus, Aisha cre que aínda é posíbel loitar contra a desigualdade e continuar na Terra.

Aisha pide aos participantes en Conectando mundos que a axuden a buscar medidas para poder argumentar a súa posición perante a grande asemblea que terá lugar en moi pouco tempo...

secundaria

Dúas propostas didácticas cun mesmo fío argumental e temático, mais con diferentes actividades adaptadas a cada grupo de idade:


Produto final:

Para a proposta didáctica de 12-14 anos: paneis para unha exposición.

Para a proposta didáctica de 14-17 anos: xogo de rol de argumentación de diferentes posturas.


CONTIDOS CONCEPTUAIS

  • Dereitos sociais, estado do benestar, equidade e desigualdade.
  • Políticas fiscais, impostos, facenda pública...
  • Evasión fiscal, paraísos fiscais, diñeiro negro/branco...
  • Políticas sociais, transparencia política, orzamentos participativos...

Exemplos de actividades: investigación colaborativa, achegamento ao tema a través de organizacións que loitan polos dereitos sociais, o barómetro do investimento social, lectura reflexivo-comprensiva e xogo de rol para a defensa de diferentes posturas.


Síguenos